Section 1
Section 2
Section 3
Section 3

Isto é vergoñoso pero... toca falar de min

Isto é vergoñoso pero... toca falar de min

Ola! Son Daniel Candal, deseñador e programador web freelance. Galego afincado en Alcanar, municipio do Montsià (Catalunya). Traballo en remoto como socio colaborador para axencias de comunicación e estudos de deseño.

Gústame facer as cousas bonitas e funcionais, aínda que considero que una boa páxina web é moito máis que iso. Procuro ofrecer sempre as mellores solucións para entregar deseños atractivos, optimizados e innovadores

No 2015 comezaron as miñas aventuras laborais e, desde entón, fun medrando ata que decidín dar un xiro na miña vida laboral para evolucionar cara un perfil puramente creativo. Este proceso motivou o impulso da miña propia marca e aventura persoal, á que lle aporto todo o entusiasmo polo traballo ben feito, a responsabilidade e todas as miñas habilidades e coñecementos

¡Guau, guau! Eu son Faísca, a xefa desta empresa. Agora lle din CEO pero, para entendernos mellor, son a que dirixe o cotarro.

Nacín nalgún lugar remoto e ninguén sabe cantos anos teño. Vivin nunha morea de lugares e, máis tarde, estiven nunha protectora que me coidou moitísimo ata que atopei a Dani,

Vivo ben, non hai queixa. Durmo, paseo, como e pido mimos. O que sempre quixen! Pola contra, tócame dirixir este proxecto e asegurarme de que todo vaia perfecto. Alguén ten que mandar aquí, non? Pois esa son eu

Contacta agora