Estás pensando en montar unha tenda online?

Estamos experimentando o maior crecemento e-commerce de Europa e o terceiro no mundo, cun aumneto de practicamente o 70% segundo os datos máis recentes recollidos polo Eurostat.

O medre do comercio electrónico é imparable e ofrece oportunidades de futuro para a inmensa maioría de negocios. Podes dar a espalda a esta realidade ou actuar xa. E resulta que nos gustan os desafíos. E a ti?

Polo tanto, é moi probable que precises dun servizo de deseño e programación web a medida para relanzar o teu negocio. A qué esperas para posicionarte e vender en internet de forma recurrente e estable?

Se chegaches ata aquí, o máis probable é que teñas na cabeza a idea de implementar un negocio online e en todas as oportunidades para a túa marca. Vale, respira. Para a pensar. Agora, deixa que che conte un par de recomendacións para que todo funcione correctamente.

Primeiro, a sinceridade. O comercio electrónico non para de crecer e, malia isto, ningún pode garantir o éxito do teu futuro negocio online. Non será unha tarefa sinxela polo que será imprescindible analizar as necesidades concretas do teu proxecto para ofrecer unha solución totalmente personalizada para ti. Comigo non terás só unha tenda online senón que terás asesoramento e elaborarei unha estratexia de marketing eficaz.

Agora toca falar do obxectivo. Durante todos estos anos aprendín que o máis importante é preparar plataformas online simples, totalmente automatizadas e que se poidan xestionar facilmente desde calquera parte. En definitiva, unha plataforma única e a medida.

O resultado será unha tenda online súper chula, optimizada, rapidísima e cunha boa experiencia para o usuario, algo imprescindible para lograr un bo posicionamiento en Google. Só así conseguiremos convertir as visitas en ventas.

Tenda online a medida

Unha plataforma a medida con todos os servizos incluídos

Automático

Ocúpate do teu negocio mentres a web funciona de maneira automática

Facturación simple​

Esquécete da facturación. Terás facturas en PDF de xeito automático en cada pedido

Autoadministrable

Aforra tempo cunha web sinxela que poderás xestionar facilmente

Posicionamiento SEO

A web cargará rapidísimo e posicionará ben en Google grazas a un código limpo

Pasarelas de pago

Instalaranse todos os métodos de pago que necesites (TPV, Bizum, Stripe, Paypal...)

Redes sociais

Cargaranse os produtos nas redes sociais para que poidas vendelos alá

Control de inventario

Todas as facilidades para que poidas controlar facilmente o inventario do teu negocio

Seguridade

Os malos non terán nada que facer ante unha web totalmente segura

Legal

Non terás que preocuparte pola documentación legal da túa páxina

Breca

Artesanía galega con nombre de muller

Deseño e programación a medida para tenda online de artesanía galega

Arce Rojo

Bolsas ecolóxicas de tela

Plataforma online a medida para a maior colección de bolsas ecolóxicas de tela personalizables

Comezamos?

Xa o tes claro? Cubre o formulario e falamos